ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

XXII As Nosas Músicas 2017

Posted by on 2017/08/01

Xa van 22. Un ano máis, e coma todos o 14 de agosto temos unha cita inaudible en Couso. Este ano contamos coas actuacións de LEILÍA, AIRIÑOS DA FREBA, TIRULEQUE e ART-MONIUM. Pero xa e sabido que non todo e música, temos moito máis.

Cara as dúas da tarde, comezará a festa coa Sesión Vermú a cargo da Charanga Ultreia, para continuar as catro e media da tarde cos Xogos Tradicionais:  Eira Xandobeleira a cargo de Xandobela.

Ás seis e media tarde dará comezo o obradoiro Enredos Sonoros a cargo de Oli Xíraldez, actividadena que poderás crear o teu propio instrumento.

Chegadas ás oito da tarde, Unha historía a través dos nosos instrumentos, impartido por Pablo Carpintero.

A partir das nove da noite, Iniciación ó baile tradicional, por Marcos Botana. E xa por último, pero non por iso menos importante, a partires das dez e media da noite comezarán a actuar os grupos no escenario.

SERVIZOS: BAÑOS+APARCADOIRO+ZONA ACAMPADA+ZONA GASTRONOMICA+ACTIVIDADES DE BALDE

 

O PROGRAMA QUEDA COMO SEGUE

14.00 h
Sesión vermú – Charanga Ultreia

16.30 h
Xogos Tradicionais – Eira Xandobeleira

18.30h
Enredos sonoros – Oli Xíraldez

20.00 h
Unha historía da música a través dos nosos instrumentos – Pablo Carpintero

21.00 h
Iniciación ó baile tradicional – Marcos Botana

22.30 h
LEILÍA+ART-MONIUM+AIRIÑOS DA FREBA+TIRULEQUE

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies

WEB ANM


Coñece a nosa nova WEB

http://www.asnosasmusicas.gal

This will close in 40 seconds