ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

A Xesteira

A Xesteira

 

A Asociación “A Xesteira” formámolo un grupo de mozas e mozos de Couso (A Estrada) que alá polo 1995 decidimos crear unha asociación para a difusión cultural e o coñecemento da historia e costumes dos lugares onde vivimos.

Aínda que a creación da asociación data daquel 1995, xa levabamos uns anos desenvolvendo actividades de dinamización social e cultural no medio rural: exposicións, charlas, obradoiros, roteiros ambientais, noites musicais e de animación en xeral, festas, saídas e eventos culturais,…

A Xesteira busca que a veciñanza, de calquera idade e condición, propoña, faga e goce nas actividades comunitarias. Así poderiamos contribuír a:

  1. Propoñer novas ideas e actividades comunitarias
  2. Normalizar o uso do galego en calquera ámbito e situación
  3. Crear espazos para as iniciativas de mozas e mozos e para a participación da veciñanza
  4. Impulsar a participación, o asociacionismo, o traballo en grupo e o respecto polas demais persoas
  5. Crear redes sociais a través do contacto entre persoas e entidades que comparten inquedanzas

Os integrantes de A Xesteira somos:

Alejandro Brey
Cristina Iglesias
Iván Magariños
Maika González
Manuel Brey
Manuel Reices
Marcos Muíños
Xermán Muíños

 

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies

WEB ANM


Coñece a nosa nova WEB

http://www.asnosasmusicas.gal

This will close in 40 seconds