ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL. A XESTEIRA COUSO 2019
Comezamos coas clases na Escola de música tradicional A Xesteira, continuando cos grupos xa iniciados outros anos e con novas ideas e azos, con Pichi, Xermán e Xián, o noso profesorado, desexando empezar. Continuamos co grupo de baile tradicional infantil, con nenas e nenos de 5-6 anos en adiante.
Anticipamos tamén o IV Encontro de Escolas Populares de Música Tradicional para o mes de Maio en Couso, continuación da iniciativa que promovemos desde o ano 2016 e na que se xuntan en xornada musical e festiva varias escolas populares de música tradicional do noso entorno.
BAILE TRADICIONAL (Pichi Abollado), desde o 05 de outubro.
- Os Sábados, ás 20:00.
BAILE TRADICIONAL INFANTIL, 5 ANOS EN ADIANTE (Pichi Abollado), desde o 05 de outubro.
- Os Sábados, de 19:30 a 20:00.
PANDEIRETA INFANTIL, 5 ANOS EN ADIANTE (Xermán Muíños), desde o 05 de outubro.
- Os Sábados, de 19:00 a 19:30.
PANDEIRETA E PERCUSIÓNS-CANTO TRADICIONAL (Xermán Muíños), máximo 6 persoas por grupo, desde o 05 de outubro.
- Os Sábados, de 18:00 a 19:00 (iniciación I), de 19:30 a 20:30 (iniciación II) e de 20:30 a 21:30 (avanzado).
PERCUSIÓN DE MAN -pandeiro, lata, pandeira- (Xermán Muíños), desde o 05 de outubro.
- Último Venres de cada mes ás 21:00 (iniciación) e ás 22:15 (avanzado).
GAITA (Xián Herrera), este ano cambiamos de día. As clases serán tódolos martes desde o 1 de outubro.
- Os Martes de 20:00 a 21:00 (iniciación) e de 21:00 a 22:00 (avanzado).
PREZOS:
Este ano como novidade poderás facerte soci@ da Xesteira a partir do 1/10/19. Deste xeito obterás un desconto de 5€ na cota de inscrición en calquera das actividades.
O pago das actividades será trimestral. O pago efectuarase na primeira clase de cada trimestre.
- Inscrición: 15 € (unha soa anual, para todas as actividades, tamén unha soa por familia)
- Baile: 45 € trimestre (infantil 36 € trimestre, 30€ trimestre se a nai ou o pai participa en baile para adultas)
- Pandeireta: 45 € trimestre (infantil 36 € trimestre, 30€ trimestre se a nai ou o pai participa en pandeireta para adultas)
- Percusión de man : 25 € trimestre (gratuíto para o alumnado de pandeireta e canto da escola)
- Gaita: 90 € trimestre, (clase individual), 75 € trimestre (clase en parellas)
OUTRAS ACTIVIDADES, nas que se propón a participación das alumnas e alumnos:
- Quedadas festerias: alumnas e alumnos, docentes da escola, …
- Ruada do Outono, mes de Novembro
- Cursos e Obradoiros monográficos (técnica vocal e afinación, percusión específicos, …)
- Encontro de Escolas Populares de Música Tradicional, no mes de Maio en Couso
FORMULARIO DE INSCRICION: