ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

Presentacion no Bar O Rollo

Posted by on 2016/07/29

Presentacion no Bar O Rollo

 

O venres 29 de xullo, desde as 10 da noite, preséntase a XXI Edición de As Nosas Músicas. E comezamos cunha foliada-festa amenizada por Os de Couso e un montón de amigas e amigos que se achegarán a compartir este momento no Bar O Rollo, en Santa Cristina de Vea.

Contaremos coa presenza dun integrante do grupo Tres Pesos, que vai actuar nesta XXI edición, o día 14 de Agosto, en Couso. Moitas grazas a Bar O Rollo (a Montse, a Diego e a Noa),  pola súa colaboración nesta XXI edición, achegando a súa axuda para que Tres Pesos poida estar en Couso este ano.

Mentres esperamos ao 14 de agosto, aquí temos esta fermosura de Tres Pesos (Felisa, Estevo, Xosé Antón)

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies

WEB ANM


Coñece a nosa nova WEB

http://www.asnosasmusicas.gal

This will close in 40 seconds