ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

“Por campar, rabear”

Posted by on 2014/08/12

“Por campar, rabear”

Nesta edición da festa ANM de Couso, e van XIX, presentamos a mostra “Por campar, rabear”, arredor da indumentaria tradicional en Galicia. As amigas e amigos da Asociación Tamparrantán (Santo André de Vea) amosarán o seu expléndido traballo sobre este tema:

  •  Preséntase unha exposición de fotografía antiga de diferentes épocas e partes de Galiza (entre elas varias do Val de Vea, A Estrada), que nos permitirá apreciar as características e a  evolución da indumentaria no período comprendido entre a segunda metade do século XIX e a primeira metade do XX.
  •  Ao vivo, amosarase a grande variedade da indumentaria popular, en canto a pezas, tecidos, feituras e xeitos de uso e colocación. Tamén aprenderemos como vestirnos, as singularidades dalgunhas pezas antigas, e diferentes xeitos de colocar algunhas das predas máis comúns.

Lembrade, o xoves 14 de agosto ás 20:30

Programa completo da XIX edición de As Nosas Musicas, Couso 2014 en: http://asnosasmusicas.org/event/festival-de-couso-2014/

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies

WEB ANM


Coñece a nosa nova WEB

http://www.asnosasmusicas.gal

This will close in 40 seconds