Percusión de man na tradición galega
PERCUSIÓN DE MAN (Xermán Muíños)
Para este ano 2017, desde a Escola de Música Tradicional A Xesteira de Couso, propomos esta actividade permanente con unha sesión mensual adicada ao estudio e manexo de instrumentos de percusión presentes e asociados á nosa tradición oral.
En dous grupos de traballo (iniciación e avanzado), xuntarémonos unha vez ao mes, en sesións de 1 h 15 min por grupo, para traballar os xeitos, ritmos e repertorio para:
- pandeiro
- pandeira
- lata
- cazola (tixola)
- percusión miúda: culleres, cunchas
DATAS E HORARIOS
Desde o 29 de Setembro, o último venres de cada mes
- Iniciación: 21:00
- Avanzado: 22:15
PREZOS
8 € ao mes, con 15 € de inscrición anual como as demais actividades da escola. Para o alumnado das clases de pandeireta e canto é unha actividade complementaria das mesmas e gratuíta
FORMULARIO DE INSCRICION:
[wpgform id=’1187′]