XXIII AS NOSAS MUSICAS
- Price: 0.00 €
- Location: Couso - A Estrada
O Festival de música As Nosas Músicas nace en 1996 na parroquia estradense de Couso da man da Asociación Xuvenil A Xesteria, como un festival en homenaxe á música tradicional galega e coa intención de dar unha alternativa aos festivais animados por orquestras.
Todo comezou cando varios membros da asociación, integrantes da comisión de festas da parroquia e conscientes de que as festas tradicionais con orquestas comezaban a perder público, decidiron probar sorte noutra área, a da música tradicional de Galicia.
Deste xeito, procuraron un tipo de festa que agradara a nenos e adultos, ofrecendo algo novo para Couso e o resultado foi positivo dende o principio. En cada edición, As Nosas Músicas congregaba durante unha noite a preto de 3.000 persoas, incluíndo veciños e visitantes. Dende entón, este evento convértese nun compromiso na axenda dos estradenses e de moitos visitantes, o que fai que ano tras ano este festival se consolide.
Con todo isto, As Nosas Músicas, convértese nunha noite e nun serán de diversión, tradición e compañeiros que rematan tocando e bailando todos xuntos no campo da festa.
PROGRAMACIÓN:
-14:00 h.- Sesión vermú con Airiños da Freba
-17:00 h.- Eira Xandobeleira, Obradoiro de xogos tradicionais.
-19:00 h.- Instrumentos pobres con Xabier Blanco
-20:30 h.- Obradoiro de iniciación ó baile tradicional con Manolo Cobas
-22:00 h.- CONCERTOS
• TANXUGUEIRAS
• III Premio “As Nosas Músicas”, entrega Carlos Blanco
• OS VIQUEIRAS
• FIANDOLA
• FAISCAS DA PONTRAGHA
• ARTMONIUN



