Festival de Couso As Nosas Músicas 2014
- Price: De balde
- Date: Xov, Ago 14, 2014 - Ven, Ago 15, 2014
- Time: 5:00 pm - 10:00 am
- Venue: no campo da festa de Couso
- Location: Couso - A Estrada
A asociación a Xesteira xa ten preparado o cartel do festival de Couso As Nosas Músicas, haberá xogos tradicionais ó longo da tarde e un obradoiro de baile para rematar a mesma. A noite estará amenizada polos grupos Pandeireteiras de Toutón, Os Carapaus, Radio Cos, Os D’abaixo e Calandracas.
Este é o programa:

ACTIVIDADES (acceso libre e gratuíto)
17:00 DE TROULA EN TROULA (xogos tradicionais para todas as idades, con XANDOBELA)
17:30 ARTECOUSO (feira de artesanía galega)
19:00 PASEO, PUNTO, VOLTA (iniciación ao baile tradicional, con Marcos Botana)
20:30 POR CAMPAR, RABEAR (indumentaria tradicional ao vivo, a cargo da A.C. TAMPARRANTÁN)
21:45 RUADIÑA HAINA HAINA (ruada aberta)
ESCENARIO (das 23:00 h en adiante)
- PANDEIRETEIRAS DE TOUTÓN (presentan o seu disco ‘Serán en Toutón’)
- OS CARAPAUS
- RADIO COS
- OS D’ABAIXO
A PÉ DE PISTA (animación e fin de festa):
- CALANDRACAS
Descarga o cartaz: anm-2014-cartaz
Descarga o folleto: anm-2014 – folleto



