Escola de Música Tradicional A Xesteira. Couso 2017
- Date: Mér, Set 06, 2017
- Time: 10:24 am
BAILE TRADICIONAL (Pichi Abollado), desde o 16 de setembro
- Os Sábados, ás 20:00
BAILE TRADICIONAL INFANTIL_ DE 6 ANOS EN ADIANTE (Pichi Abollado), desde o 14 de outubro
- Os Sábados, ás 19:15
PANDEIRETA E PERCUSIÓNS-CANTO TRADICIONAL (Xermán Muíños), desde o 7 de outubro
- Os Sábados ás 18:30 (iniciación) e ás 19:30 (avanzado)
PERCUSIÓN DE MAN -pandeiro, lata, pandeira- (Xermán Muíños), desde o 28 de Outubro
- Último Sábado de cada mes ás 19:30
ACORDEÓN (Adrián Lareo), desde o 12 de setembro
- Os Martes ás 20:30
PERCUSIÓN-TAMBOR E BOMBO- (Manuel Edreira Buela, Manoliño), desde o 6 de outubro
- Os Venres ás 20:00
GAITA (Xián Herrera), desde o 5 de outubro
- Os Xoves, desde as 8 da tarde
PREZOS:
- Inscrición: 15 € (unha soa para todas as actividades)
- Baile: 12 € mes (si participas en baile e pandeireta, 10 € por cada unha)
- Pandeireta: 12 € mes (si participas en baile e pandeireta, 10 € por cada unha)
- Percusión de man-pandeiro, lata, pandeira: 6 € (gratuíto si participas en calquera das outras clases da escola)
- Percusión (tambor e bombo): 15 €
- Acordeón: 25 € mes, hora e media de clase á semana
- Gaita: 30 € mes, (clase individual), 25 € mes (clase en parellas)
OUTRAS ACTIVIDADES, nas que se propón a participación das alumnas e alumnos:
- Quedadas festerias: alumnas e alumnos, docentes da escola, …
- Ruada do Outono, mes de Novembro
- Foliadas dos venres, un venres ao mes de Febreiro a Xuño
- Cursos e Obradoiros monográficos
- Ruada de fin de curso, Encontro de Escolas Populares de Música Tradicional, no mes de Maio en Couso
FORMULARIO DE INSCRICION:
[wpgform id=’1187′]