ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

As Nosas Músicas – 20 aniversario

Posted by in |

  • Price: De balde
  • Date: Ven, Ago 14, 2015 - Sáb, Ago 15, 2015
  • Time: 5:00 pm
  • Location: Couso - A Estrada

As Nosas Músicas 2015 – 20 aniversario

O vindeiro 14 de agosto celebramos a vixésima edición de As Nosas Músicas. Presentámosche xa o programa.

Este ano cúmprense dúas décadas da celebración de As Nosas Músicas e, nesta ocasión, contamos coas actuacións de ALVARIZA, CARLOS BLANCO, RADIO COS, FANFARRIA TAQUIKARDIA e BANDA DAS CRECHAS, como peche de cartel, pero tamén faremos actividades e obradoiros ó longo da tarde.

 

As Nosas Músicas 2015

Cartel ANM 2015 20 aniversario. Elaborado por Netsis® baseado nun extracto dun debuxo cedido por Leandro Lamas. Agradecementos polas súas colaboracións altruistas.

 

As actividades de tarde darán comezo cara as cinco cun obradoiro de xogos tradicionais a cargo de Xandobela, para continuar ás sete con outro obradoiro de iniciación ó baile.

Ás oito da tarde terá lugar unha actividade moi interesante para ver como se maza se espadela, se fía e tece o liño no Val de Vea.

A partir das nove e media quedará o campo da festa dedicado á ruada aberta con Ultreia para logo xa comezar cas activades nocturnas que pechan o cartel.

 

O PROGRAMA QUEDA COMO SEGUE

Programa ANM 2015

17 h
Obradoiro de xogos tradicionais (Xandobela)

19 h
Obradoiro de iniciación ó baile  (Marcos Botana)

20 h
Mazar, espadelar, fiar e tecer no Val De Vea (Tamparrantan)

21.30 h
Ruada aberta (Ultreia)

23 h
ALVARIZA
CARLOS BLANCO
RADIO COS
FANFARRIA TAQUIKARDIA
BANDA DAS CRECHAS

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies

WEB ANM


Coñece a nosa nova WEB

http://www.asnosasmusicas.gal

This will close in 40 seconds