Premio San Martiño de normalización lingüística ao traballo da Xesteira
Premios San Martiño de Normalización Lingüística, da Asociación Cultural O Brado
- O premio á Difusión da lingua na comarca de Tabeirós-Terra de Montes foi concedido á Asociación A Xesteira de Couso. O xurado valorou as actividades de dinamización social e cultural no rural levadas a cabo por esta asociación que contribúen a normalizar o uso do galego.
- O recoñecemento á Normalización no ámbito galego recalou no humorista e debuxante Luis Davila («é das poucas persoas capaz de representar de maneira cómica o particular humor que os galegos escondemos trala nosa retranca»)
- O premio á Normalización durante toda unha vida foi concedido a Andrés Torres Queiruga, teólogo e escritor galego.