ANM | As Nosas Músicas de Couso

Festa, música, baile e tradición. Festival de Couso

XXIII AS NOSAS MUSICAS

Posted by in |

  • Price: 0.00 €
  • Location: Couso - A Estrada

O Festival de música As Nosas Músicas nace en 1996 na parroquia estradense de Couso da man da Asociación Xuvenil A Xesteria, como un festival en homenaxe á música tradicional galega e coa intención de dar unha alternativa aos festivais animados por orquestras.
Todo comezou cando varios membros da asociación, integrantes da comisión de festas da parroquia e conscientes de que as festas tradicionais con orquestas comezaban a perder público, decidiron probar sorte noutra área, a da música tradicional de Galicia.

Deste xeito, procuraron un tipo de festa que agradara a nenos e adultos, ofrecendo algo novo para Couso e o resultado foi positivo dende o principio. En cada edición, As Nosas Músicas congregaba durante unha noite a preto de 3.000 persoas, incluíndo veciños e visitantes. Dende entón, este evento convértese nun compromiso na axenda dos estradenses e de moitos visitantes, o que fai que ano tras ano este festival se consolide.

Con todo isto, As Nosas Músicas, convértese nunha noite e nun serán de diversión, tradición e compañeiros que rematan tocando e bailando todos xuntos no campo da festa.

 

PROGRAMACIÓN:

-14:00 h.- Sesión vermú con Airiños da Freba

-17:00 h.- Eira Xandobeleira, Obradoiro de xogos tradicionais.

-19:00 h.- Instrumentos pobres con Xabier Blanco

-20:30 h.- Obradoiro de iniciación ó baile tradicional con Manolo Cobas

-22:00 h.- CONCERTOS

• TANXUGUEIRAS

• III Premio “As Nosas Músicas”, entrega Carlos Blanco

• OS VIQUEIRAS

• FIANDOLA

• FAISCAS DA PONTRAGHA

• ARTMONIUN

O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación de cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies

WEB ANM


Coñece a nosa nova WEB

http://www.asnosasmusicas.gal

This will close in 40 seconds