Curso: percusión de man e tradición oral en Galicia
Impartido por Xabier Díaz, neste curso achegaremonos ás técnicas e xeitos para a percusión de man en Galicia: pandeireta, pandeiro, pandeira, … parándonos en diferentes zonas da xeografía galega.
Pensado para persoas que se manexan cos instrumentos de percusión de man, teremos a posibilidade de compartir inquedanzas co grande profesional Xabier Díaz e con compañeiras e compañeiros de curso e de viaxes folclóricas sempre enriquecedoras
Data: 14 de agosto de 2016
Horario: 16:30-18:30
Prazas: 20
Requisitos: coñecementos de técnicas e instrumentos da percusión galega. Cada persoa deberá dispor dos seus instrumentos
Prezo: 25€
Logo da inscrición, recibirás un correo-e coas instrucións para o pago. Mais información: producion@asnosasmusicas.org