ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL A XESTEIRA. COUSO 2018
Comezamos coas clases na Escola de música tradicional A Xesteira, continuando cos grupos xa iniciados outros anos e con novas ideas e azos, con Pichi, Xermán e Xián, o noso profesorado, desexando empezar. Continuamos co grupo de baile tradicional infantil, iniciado o ano pasado, con nenas e nenos de 5-6 anos en adiante.
Anticipamos tamén o III Encontro de Escolas Populares de Música Tradicional para o mes de Maio en Couso, continuación da iniciativa que promovemos desde o ano 2016 e na que se xuntan en xornada musical e festiva varias escolas populares de música tradicional do noso entorno.
BAILE TRADICIONAL (Pichi Abollado), desde o 29 de setembro os Sábados ás 20:00
BAILE TRADICIONAL INFANTIL, 5-6 ANOS EN ADIANTE (Pichi Abollado), desde o 29 de setembr0 os Sábados ás 19:15
PANDEIRETA E PERCUSIÓNS-CANTO TRADICIONAL (Xermán Muíños), desde o 5 de outubro os sábados ás 18:30 (iniciación) e ás 19:30 (avanzado)
PERCUSIÓN DE MAN -pandeiro, lata, pandeira…- (Xermán Muíños), desde o 5 de Outubro, o último venres de cada mes ás 21:00 (iniciación) e ás 22:00 (avanzado)
GAITA (Xián Herrera), desde o 5 de outubro, os venres a partir das 20:00
PREZOS:
- Inscrición: 15 € (unha soa anual, para todas as actividades, tamén unha soa por familia)
- Baile: 12 € mes (infantil 10 €, si participa nai ou pai en baile para adultas)
- Pandeireta: 12 € mes
- Percusión de man : 8 € (gratuíto para o alumnado de pandeireta e canto da escola)
- Gaita: 30 € mes, (clase individual), 25 € mes (clase en parellas)
XA ESTA ABERTA A INSCRICION podes leer máis e inscribirte neste ENLACE